A Primeira Guerra Mundial.

Mapa de Francesca La Barbera

“Repensar hoxe a primeira guerra mundial”, catástrofe orixinaria da nosa época, é entón operación eminentemente estratéxica.

“Os homes do 1914 son contemporáneos nosos”, conclúe o historiador australiano Christopher Clark no seu Sonámbulos, orixinal penetración nos meandros que dsembocaron no disparo de pistola e no en absoluto inevitábel suicidio de Europa. Non para determinar quen foi un culpábel daqueles 20 millóns de mortos, senón para buscar de entender como se chegou a isto.

A actualidade da Gran guerra percorre tamén as páxinas deste volumeanche le pagine di questo volume. Os que nos seguen saben canto de relevante teñen nas análises xeopolíticas o peso do pasado que non pasa. Isto vale especialmente para a imbricación dos conflitos que racharon o século de relativa paz europea entre o Congreso de Viena (1814-15) e os canóns de agosto de cen anos despois. Para inagurar o século máis sanguento no devir da humanidade.

Porque a Paz de Versailles (1919) non foi máis que a continuación da guerra con outros medios, até a segunda, máis terríbel masacre do 1939-45.

O mapa ofrece un cadro dos bandos, frontes e datas -clave da Gran guerra.

Aos imperios centrais (en viola e en viola discontinuo oblicuo os territorios por estes ocupados) opóñense os paises do acordo (en verde claro) e os seus aliados (verde escuro). Os estados neutrais están representados en azul.

O mundo enteiro involucrouse a través dos imperios coloniais. As posesións alemás indícanse en marrón; todos os outros territorios -en amarelo (franceses), en laranxa (británicos e Commonwealth), en marrón claro (portugueses), en cor beige (de Bélxica) e en laranxa (de Italia) – posicionáranse coa alianza.

As liñas e as frechas vermellas amosan respectivamente as frontes abertas e os liderados ofensivos. Algúns Estados da América latina racharon as relacións diplomáticas con Alemaña e os seus aliados no curso do 1917: están representadas con fileiras horizontais viola no mapa. As fileiras oblcuas verdes que aparecen debuxadas sobre parte dos territorios rusos indican as áreas controladas polos “brancos” e polas tropas estranxeiras durante a revolución rusa.

As frechas vermellas sobre fondo branco indican as declaracións de guerra aos imperios centrais feitas por USA e Brasil; as frechas brancas sobre fondo vermello as capitulacións.

Publicado en LIMES- revista italiana de xeopolítica (http://temi.repubblica.it/limes/) o 20-5-2014. Traducido ao galego por Administrador.