As raíces da mafia do 1870 ao 1900

Mapa de Laura Canali.

 

“Os historiadores máis autorizados teñen desmentido a convición simplista, case mitolóxica, de que as orixes da mafia deban rastrexarse en agrupamentos rurais arcaicos e sosteñen pola contra que as organizacións mafiosas sicilianas se configuraban antigamente como estreitamente ligadas á cidade e aos seus aparellos de poder. Tratábase xa desde o principio de grupos dedicados aos crimes comúns, tamén de perfil baixo, non privados dunha certa influencia socio-política.

O verdadeiro momento constituinte do fenómeno mafioso é o periodo histórico no que a mafia máis antiga comeza a dotarse de reglas e estruturas, a interactuar sistematicamente coa sociedade e a interrferir no funcionamento das institucións. Sobresae naquel tempo o progresivo enraizamento social dunha mafia alta ou “de guantes amarelos”, que en seguida se transformará tamén en forza electoral, en referente e instrumento de forzas políticas e administracións públicas.

A profunda penetración da mafia no corpo vivo da sociedade é unha característica esencial das asociacións mafiosas xeopoliticamente relevantes.. O dominio do territorio fúndase antes de máis nada sobre o recoñecemento social, sobre o consenso. Unha lexitimación culturalittimazione culturale, impregnada de valores tradicionais e relixiosos, verdadeiros e postizos, fundada sobre o falso mito da mafia “das orixes”: xusta, respetuosa dos principios morais, protectora dos febles, solucionadora de conflitos, dispensadora de welfare. Despois, sobre as relacións estruturais, co poder oficial.

A mafia é xeneticamente unha criatura política: busca, cultiva interaccións co poder institucional e influencia os procesos políticos estruturalmente, en aras á conservación e ao reforzamento da propia elite.

Unha explicación sobre o mapa da consolidación mafiosa na Sicilia de fin do Oitocentos, coas provincias con máis alta e máis baixa densidade mafiosa, a situación e radio de acción das sete máis grandes, as bases de apoio do bandidismo.

O mapa indica tamén as rutas principais da emigración siciliana en ultramar e do comercio cara Europa e os Estados Unidos.

Publicado en LIMES-rivista italiana di geopolitica (http://temi.repubblica.it/limes/) o 18-11-2013. Traducido ao galego por Administrador.