Dez pregunta a Hamas

Dez preguntiñas doadas doadas ás cales non son capaz de dar resposta.

1) Canto tedes investido en educación, sanidade, emprego, infraestuturas, nos últimos anos? E canto na construción de cohetes e galerías soterráneas?

2) Canto creceu o PIB nesta faixa de Gaza en relación aos vosos irmáns residentes en Cisxordania?

3) Por qué continuades a recibir as axudas humanitarias que transitan a través dos pasos fronteirizos dos vosos xurados enimigos israelís?

4) Por qué continuades a usar a corrente eléctrica entregada polos vosos odiados israelís?

5) Por qué os exipcios teñen de feito pechado o paso fronteirizo de Rafah obrigándovos a mendigar as axudas humanitarias?

6) Por qué motivo Exipto pechou completamente a rede de galerías soterráneas entre Gaza e Exipto poñendo así de xeonllos a vosa florecente industria do contrabando?

7) Por qué Exipto non combate ao voso lado liberándovos así do xugo da ocupación sionista?

8) Por qué os vosos mesmos irmáns palestinos de Ramalah, Hebrón, Nablús, Xericó e demais non se unen á vosa xusta loita?

9) A relixión musulmana permite o uso indiscriminado de mulleres e nenos como escudos humanos para entregalos ao sacrificio? En nome de que moral?

10) E sobre todo, se facedes do martirio o voso credo, a vosa fé, onde estades entón cando tedes unha óptima ocasión para inmolarvos en nome do islam e prattutto, se fate del martirio il vostro credo, la vostra fede, dove siete adesso quando avete un’ottima occasione per immolarvi in nome dell’Islam e alcanzar así as 72 virxes que vos esperan no paraíso?

Perdoade a miña profunda ignorancia de vos plantexo estas cousas tan simples, estou certo que reccibirei as vosas respostas. Claras e simples.

Publicado no blog LALTRAISRAELE (http://laltraisraele.wordpress.com) o 13-7-2014. Traducido ao galego por Administrador.