Entre Snowden e Morales: quen é máis fiel aos USA.

Mapa de Laura Canali.

A revelacións de Edward Snowden déronlle vida a unha tempestade diplomática -rebautizada “Nsagate”- ben máis grave da causada por Wikileaks.

“Emerxe unha crise doméstica, coa opinión pública americana irritada polas intrusións a man salva nas máis íntimas esferas da privacidade.

E un gran balbordo internacional, cando os “aliados e amigos” Angela Merkel e Dilma Rousseff descobren ter os seus celulares baixo control, exhíbense ofendidos conminando ao apurado Obama a prometer non facelo máis (non hai coidado, continuara a facelo). Mentras Putin érguese como protector de Snowden e improbábel garante da liberdade de comunicación.

Para compeltar o desastre, o 2 de xuño de 2013 algúns recelosos gobernos europeos pensan en compracer á Casa Branca negándolle avión ao presidente boliviano Evo Morales o sobrevoo do propio espazo soberano despois de que a policía austriaca o tivera retido en Viena sospeitando que tivese agachado ao traidor Snowden”.

O mapa sobrepón varios elementos de análise. A un primeiro nivel podemos distinguir os paises NATO (azul) e a Rusia que acolle a Edward Snowden (amarelo).

Os paises que rexeitan darlle asilo ao ex-axente da NSA divídense en dous grupos: aqueles que o fan por motivos políticos (trazado rosa) e os que aducen motivos legais (círculo vermello e branco). Entre estes últimos figura tamén Italia.

Ademais, Italia negoulle o espazo aéreo a Evo Morales (trazado azul), como fixeron Portugal, España e Franza. O Bel Paese como tamén se indica como membro dos “14 ollos” (tres círculos multicolores). Franza, Holanda, Dinamarca e Noruega teñen accedido tamén ao grupo dos “9 ollos” (dous círculos multicolores), ademais dos “5 Ollos” (un círculo multicolor bordeado de vermello), que son Gran Bretaña, Canadá, Australia e Nova Zelanda ademais de, obviamente, os USA.

Austria -historicamente un país neutral- merece un posto propio no mapa, pois foi sede do incidente diplomático ligado ao avión de Morales, o 2 de xullo de 2013.

Publicado en LIMES-rivista italiana de geopolitica (http://temi.repubblica.it/limes/t) 0 17-7-2014. Traducido ao galego por Administrador.