OS NOVOS MUROS. De Asia a África, as barreiras que dividen os Países.

Os máis famosos son o de Cisxordania, construido no 2002 por Israel como “peche de seguridade” para impedirlle aos palestinos a entrada no territorio nacional, e o que separa Estados Unidos e México, levantado no 1994 para facer cesar a inmigración clandestina e ainda hoxe patrullado por grupos de voluntarios. A guerra en Iraq levou, no 2007, á construción do que circunda o barrio sunnita de Adhamiya en Bagdad, querido pola administración Bush para protexer a área dos distritos chiís que a circundan.

Falamos de muros. O 9 de novembro de 1989, coa caida do muro de Berlín, as barreiras físicas existentes no mundo non superaban a quincena. Hoxe triplicáronse, construidos en todos os continentes. E os novos conflitos aumentan o nacemento deles.

Ás veces, os muros son resultado da fin da violencia. É o caso da célebre deivisión entre as dúas Coreas no paralelo 38, establecida no 1953 cando remataron as hostilidades. Tal fronteira non é só simbólica, xa que entre os dous Estados existe unha longa barreira ademais de 240 quilómetros, composta de filamento espiñado, torres, muros e campos minados. Cada día esta “Zona desmilitarizada” é vixiada por centenares de militares dos dous Países, xunto con algunhas unidades de soldados americanos en Corea do Sur.

Parecido é o caso de Belfast, en Irlanda do Norte, caracterizada en 99 “Peace Lines”: estas barreiras de metal, cemento e filo espiñado foron construidos a partires de 1969, seguidamente á violencia entre católicos e protestantes chamada “troubles”. Algúns foron erixidas tamén en anos recentes, entre 2009 e 2011. Neste caso, o muro non é só físico, senón tamém psicolóxico, social; protestantes e católicos nacen xa divididos.

Non se trata, en cambio, dun verdadeiro e propio muro no que atibgue á “Green Line” de Chipre, que desde 1974 está controlada pola forza Unficyp das Nacións Unidas. Esta liña en realidade é unha terra de ninguén, que se extende por arredor de 180 Qm e divide os habitantes gregos da illa (ao sur) dos turcos (ao norte). O nome desta “fronteira” deriva da liña, trazada con un lápiz verde, que o xeneral Peter Young -ao mando das tropas británicas en Chipre- debuxou sobre un mapiña á altura de Nicosia para separar, a continuación dos enfrentamentos de 1964, os barrios turcos e gregos da capital chipriota.

No mundo tamén hai muros como o existentre entre India e Paquistán, a “liña de control” que desde o 1949 divide a rexión de Cashmir en dúas zonas, controladas por dous Países. O único paso desta barreira de máis de 3000 Qm de longo é a vila de Wagah: aquí o muro é interrompido por unha gran reixa, que hoxe á tarde debe ser pechada despois da cerimonia da bandeira.

Desde o Medio Oriente a África, algúns muros naceron con función anti-inmigración. Este é o caso da barreira construida no 2003 por Arabia Saudí ao longo da fronteira con Iemen, do muro entre Uzbequistan e Tagiquistan, dotado de sensores e videovixiancia, do que hai entre Israel e Exipto e do cercado electrificado entre Zimbabwe e Botswana. Esta última foi construida por Botswana no 2003 a continuación da crise económica causada pola epidemia FMD do gado, con efectos mesmo até as fronteiras entre os dous Países. A noba barreira naceu, sobre o mapa, para protexer a propagación de posteriores contaxios, pero ocultando esixencias de contención do fluxo de migrantes desde Zimbabwe. Definida polo goberno de governo zimbabweano “a versión africana do muro de Israel”, o cercado foi contestado tamén polos ecoloxistas en canto, nunha zona de áreas protexidas, tal barreira obstaculiza os naturais fluxos migratorios dos animais.

Falando de muros, un caso particular é seguramente o de Marrocos. Se por unha banda de feito o país ten desde os anos 90 as dúas barreiras de filamento espiñado nos enclaves españois de Ceuta e Melilla, construidos polo goberno de Madrid en clave anti-inmigratoria e vixiadas cotidianamente polos oficiais da Guardia Civil, por outra banda edificou o “muro do Sahara Occidental”, denominado tamén co termo Berm. Tal barreira é un conxunto de oito muros defensivos, constituidos de búnquer, foxos, pedras, area, filamento espiñado e do máis longo campo minado continuo do mundo, con aproximadamente 6 miles de minas anti-persoa. O Berm foi edificado en seis periodos diferentes -entre 1981 e 1987- para protexer a poboación da Frente Polisario, un movemento político fundado no 1973 co intento de obter a independencia do Sáhara Occidental da ocupación militar de España, Marrocos e Mauritania. Aquilo que para Marrocos é un muro defensivo -o máis grande despois da muralla chinesa- para a poboación saharawi é en cambio o “muro da vergoña”, que impide o acceso ás zonas máis fertis, ricas en xacementos de petróleo e fosfato.

De molde máis “relixioso” son, en cambio, o muro que separa Thailandia e Malasia, fortemente querido polo primeiro ministro thailandés Surayaud Chulanont para frenar a influencia dos fundamentallistas malasios sobre a minoría musulmana do País (de maioría budista), e o así chamado “muro de Rohingia”, un recinto de filamento espiñado ao longo da fronteira con Bangladesh que Mianmar está construindo para impedirlle o acceso aos musulmáns -o “pobo sen Estado”.

Infelizmente, a construción destes muros non se detivo nunca. Máis ben, o brote de novos conflitos habitualmente favorece a nacemento de barreiras que dividen Países, cidades, grupos étnicos, núcleos familiares. O conflito sirio é un exemplo. Turquía desde o inicio da guerra en Siria abriu as súas fronteiras para acoller os prófugos que fuxían do enfrentamento entre os rebeldes e o réxime de Assad. Actualmente os refuxiados son case un millón, divididos entre numerosos campos de prófugos. A fronteira con Siria converteuse nun problema de seguridade interna para Ancara, con episodios de contrabando e enfrentamentos na zona de Reihanli. Mesmo desta cidade partiu a construción dun novo muro de cemento, para facer cesar a inmigración clandestina e a entrada no País doa combatentes qaedistas. Esta barreira non é a primeira na fronteira turca con Siria, que nos primeiros meses do 2014 vira xa o nacemento dun muro en Gaziantep, no sur-leste do Páís, con maioría curda.

Unha nova barreira, de case dous mil qm de lonxitude está proxectada en Ucraína, onde o oligarca Igor Kolomoiski, desde marzo gobernador da rexión de Dnipropetrovsk, presentou xa un proxecto -que sería financiado polo mesmo magnate- ao presidente Poroshenko. O propósito de tal muralla, frenar a entrada de milicianos separatistas filorusos na Ucraína Oriental. Para darlle luz verde á construción abonda coa sinatura de Poroshenko; despois pasarase á remoción dos cepos de fronteira. A reacción rusa non se fixo esperar, con unha inmediata apelación -por parte do xefe do Comité de Exteriores da Duma, Alexey Pushkov- ao dereito internacional, en canto “para a demarcación debe ser sempre constituida unha comisión mixta e deben implicarse dúas partes”. Punto central da discusión ten sido o acordo sobre a demarcación das fronteiras entre a Federación Rusa e Ucraína do 2010, co cal foi constituida unha comisión bilateral para a solución de todas as cuestións que afectasen ao tema.

MARTINA LANDI, Redazione Gariwo

Publicado en GARIWO-La Foresta dei Giusti (http://www.gariwo.net/) o 10-7-2014. Traducido ao galego por Administrador.