A linfa ruso-centroasiática

Mapa de Laura Canali

A partida enerxética centrasiática ve como China se divide entre ex-repúblicas soviéticas da Asia central e Rusia, pola súa banda ben situada tamén no enfrentamente co cliente Xapón.

Mapa traido de Il marchio giallo

“A gran partida do futuro è de calquer forma a ruso-centroasiática, que afecta ao gas e ao petróleo.

Até o de agora tense resolto nunha durísima negociación sobre os prezos e a súa adecuación aos temposcando de trata de suministros a longo prazo. A partida do GNL de Qatar cortou o nó gordiano do gas.

Beijing escolleu a vía da concrección e da seguridade, por riba da súa habitual postura inspirada na economicidade. Así Beijing pechou a partida co volúbel Turcmenistan acelerando o proxecto de gaseoducto nunhs disputa en común con Uzbequistán e dirixíndose de feito a tal perspectiva desde as posicións xa conquistadas en Cazaquistán. A cuestión do prezo desbloqueu as perplexidades e disensións ancestrais de Moscova que, pola súa banda, tamén por medo de perder cota de mercado chinés en beneficio de Turcmenistan, comeza a carreira para atopar a liña de aprovisionamento oeste-leste en territorio chinés.

A maiores, Moscova teme que o dragón poida absorber tamén a cota futura de gas que Turcmenistan se comprometeu a entregarlle. Máis complexa é a situación sobre a vertente oriental [...].

En relación ao gas, Rusia elexiu o mercado asiático no seu conxunto, a comezar por Xapón, máis que centrarse só en China. Ésta terá a súa cota cando o dilema do xacemento de proveniencia sexa determinado por Moscova: Covicta ou Saca? Dependerá ainda unha vez máis de factores internos e do final do amarelo entre Gazprom e Tnk-Bp.

Aquilo que Moscova deberá avaliar é se convén abrirse a China e á sua penetración na Rusia Oriental, onde só as compañías chineas quizá teñan o atrevimento de traballar no desenvolvemento dunha rexión tan hostil, ou economizar os seus recursos.

Na Moscova que conta hai quen sostén que hai demasiados «stream» rusos en xogo no mundo, mentras en casa serviríannos de moito máis”.

Mapa e cita de “Il drago ha sete”,
Artigo presente en
Il marchio giallo

Publicado en LIMES-revista italiana de xeopolítica (http://temi.repubblica.it/limes/) o 10/07/2008. Traducido ao galego por Administrador.