A patria grande segundo Bolívar

Mapa de Laura Canali

“O documento que volve máis explícita a orientación xeopolítica de Bergoglio é quizá o prólogo ao volume de Guzmán Carriquiry, hoxe secretario xeral da Pontifici comisión para América Latina, titulado Una apuesta por América Latina.

A «aposta» de Carriquiry, compratida co futuro papa, é que o mosaico estatual latinoamericano estea destinado a recompoñerse sobre un teito único, coa insignia da común inspiración católica. «Nos próximos dous decenios América Latina xogarase o protagonismo nas grandes batallas que se perfilan no século XXI e a súa posición na incipiente nova orde mundial», escribía o arcebispo de Buenos Aires. A palabra de orde é «percorrer as vías da integración cara a configuración dunha Unión Sudamericana e da Patria Grande Latinoamericana».

Esta moi xeopolítica prosa do futuro papa desvela a inspiración neobolivarista. Bergoglio conxuga o legado do Libertador Simón Bolívar (1783-1830) coas instancias da teoloxía do pobo, no nome dunha continuidade histórico-xeográfica e cultural (o subtítulo do libro de Carriquiry menciona de feito Memoria y destino históricos de un continente). Pero aquí a motivación da opción continentalista é estritamente xeopolítica: “Sós, separados, contamos verdadeiramente pouco e non iremos a algures. Sería un calexón sen saída que nos condenaría á condición de marxinais, empobrecidos e dependentes das grandes potencias mundiais”.

No mapa, en azul, as ex-posesións españolas, en ocre as portuguesas. A data da independencia ponse en negro xunto ao nome de cada país. A frechas laranxa e verde concretan os itinerarios, respectivamente, de Bolívar e de San Martín. Completan o mapa as datas de insurrección, as capitais coloniais, as principais descobertas xeográficas europeas o os sitios dos principais congresos independentistas.

Publicado en LIMES-rivista italiana de geopolitica (http://temi.repubblica.it/limes/) o 7-4-2014. Traducido ao galego por Administrador.