Atentados contra museos.

Somos doblemente solidarios co Museo Hebraico de Bruxelas e cos familiares das vítimas do atentado. Antes que nada polo atentado en sí e polas súas tráxicas consecuencias: nengún acto de violencia pode ser permitido e quen o comete debe ser localizado e punido. En segundo lugar, pola natureza do atentado: a nós, máis que un atentado anti-semita, parécenos un atentado contra o hebraismo político, isto é, o movemento sionista e o Estado de Israel. E é en realidade deixando constancia sobre este aspecto – ainda que a liña divisoria entre anti-hebraismo e anti-sionismo é clara e neta- como pode explicitarse un xuizo histórico-político e un e localizar as causas de esta específica violencia e identificar aos seus autores.

A nós -que o 23 de novembro de 1999 fomos obxecto de un atentado con explosivos que só por casualidade non se transformou en traxedia para as persoas- o atentado de Bruxelas golpéanos porque aquilo do que fomos obxectivo levaba a sinatura “movimento antisionista”: precisamente razonando sobre isto – e non sobre un xenérico antisemitismo – podería rextrinxirse o campo e actuar para identificar aos culpábeis, descoñecidos pero intuíbeis aínda despois de 15 anos. Esperemos que en Bruxelas se proceda con máis grande perspicacia.

Publicado no Facebook de “Museo Storico della Liberazione” o día 25-5-2014. Traducido ao galego por Administrador.