Costa da Baia de Edo (1852)

Seleccionada  por Edoardo Boria. Mapa histórico en LIMES 7/14.

“A entrata do comodoro Perry coa súa frota nas augas da Bahía de Edo (hoxe Toquio) sinalou o fin do illacionismo xaponés e do último goberno militar feudal do país, o shogunato Tokugawa.

Os seus membros entendérano. E probaron de todas as maneiras para conxurala tamén tentando preocupando aos americanos producindo un mapa da bahía que a retrataba protexida por estruturas defensivas inventadas: fortificacións, bastións, mesmo unha imaxinaria frota de naves de guerra. Os mesmos elementos naturais eran alterados para facer parecer inexpugnábel a costa.

O texto de abaixo resume detalladamente todas estas invencións e nomes de samurais en pequenos óvalos vermellos están diseminados un pouco por todas partes. O mapa non asustou ao comodoro.

Apostado na bahía coas súas catro naves de guerra, sen vacilación algunha Perry amezaou con bombardear a que naqueles momentos era unha das cidades máis populosas do mundo, capital de facto dunha civilización milenaria de refinadísima cultura. Os shōgun asustáronse.

A historia de Xapón estaba cambiando. Por culpa -pero tamén por algún mérito- dun comodoro americano xenerosamente recompensado polo Congreso e morto en gloria.

Fonte: Carta della costa della Baia di Edo, 1852.

Publicado en LIMES-rivista italiana de geopolitica (http://temi.repubblica.it/limes/) o 22-7-2014. Traducido ao galego por Administrador.