Feita a guerra, fixéronse os italianos.

GIACOMO BOLLINI.

Breve ascenso e rápido declinar do patriotismo italiano co conflito do 1915-18, evento fundante da identidade nacional. O monopolio da memoria operado polo fascismo. A damnatio memoriaedos fundadores da República. Un aniversario para reconsiderar.

Mapa de Laura Canali.

Hai tres anos Italia festexou o 150 aniversario da súa unidade nun periodo de grave crise de identidade nacional e de desconfianza cara as institucións.

A mesma unidade nacional sométese a cotiás ameazas e vilipendios máis ou menos manifestos.

A tutela da res publicae do ben común, o pleno recoñecemento dos dereitos e dos deberes dos cidadáns cara a nación sofreu un duro golpe nos últimos vinte anos.

Saiu á luz a “enfermidade crónica” de Italia sinalada por Norberto Bobbioe encarnada hoxe pola corrupción, a intolerancia e aquel pensamento tipicamente italiano de que a violación das leis sexa un sinal de astucia e virilidade.

Así o orgullo -no sentido cívico do termo- dunha nación capacitada para resurxir das propias cinzas despois da traxedia da Segunda Guerra Mundial, vinte anos de fascismo, máis de oitenta de monarquía e das ameazas á integridade nacional perpetradas durante a Primeira República, redúcese habitualmente a unha mota de sí mesma, ligada máis ás manifestacións desportivas que a unha “relixión civil laica”.

Deste profundo suco tomou nota por exemplo o presidente Ciampi, que plantexou o seu settennato entre o 1999 e o 2006 baixo unha campaña neo-patriótica, co propósito de “darlle calor ás institucións da República, en modo de facelas ver de novo como expresións dunha cohesionada comunidade nacional-patriótica”, pero tamén para facerlle fronte aos cada vez máis alarmantes episodios de nacionalismo local italiano e de racismo, así como a presenza de forzas políticas como a Liga Norte. Non é este o lugar para o tratamento de longo alcance que o problema requeriría.

Pero estase aviciñando outra situación que podería tornar a cuestión ao orde do día: o 24 de maio de 2015 terá transcurrido un século da declaración de guerra do Reino de Italia a Austria-Hungría, o principal opositor do camiño cara a unificación do país baixo a héxida da casa Savoia.

Pode a Gran guerra ser considerada unha etapa para a identidade nacional italiana?

Esta é a primeira paxina do artigo “Fatta la guerra, si fecero gli italiani”, presente en 2014-1914: l”eredità dei grandi imperi. Pode ler todo o artigo descargando o número de Limes sobre o seu iPad ou adquiríndoo en quioscos e librarías desde o 11 de xuño.

Publicado en LIMES-revista italiana de xeopolítica (http://temi.repubblica.it/limes/) o 3-6-2014. Traducido ao galego por Administrador.