Italia é o laboratorio do populismo de dereita en Europa.

FABIO TURATO

Do nacionalismo de Marine Le Pen ao euroescepticismo de Farage, as eleccións europeas produciron dous tipos de populismo. O noso país, con Forza Italia, Lega Nord e Movimento 5 Stelle, acolle a ambos.


As eleccións europeas son cada vez máis habitualmente equiparadas a eleccións de mediana importancia, como nos Estados Unidos.

As negociacións en curso para o nomeamento do presidente da Comisión evidencia en cambio que a personalización da política comunitaria fracasou e que a dificultade de proposición na U.E como unha democracia completa fica pendente.

A ráfaga de vento euroescéptica golpeou de modo particular ao Partido Popular Europeo (PPE), que perde 61 deputados respecto do 2009. Máis sesníbel ainda as reducións observadas no grupo Democrático e liberal (ALDE, -20 deputados) e Conservador reformista (ECR, 10 parlamentarios de menos). Tales resultados sitúan o centro de gravedade na dereita e son confirmados polo éxito de Europa Liberdade e Democracia (EDF, +7).

Na esquerda non se celebra: a Alianza progresista dos socialistas e demócratas contén a derrota (-6) e a Esquerda unitaria europea incrementa o seu grupo en 10 deputados. Os Verdes perden 6 representantes.

O éxito da fronte anti-comunitaria remexe as cartas.Front national, Lega nord, UK Independence party [UkIP, Movimento 5 Stelle, o holandés PVV, o flamenco Vlaams belang e o austríaco Freiheitliche partei elixen ainda non adscribirse a grupo algún. Tanto que o grupo parlamentario dos non adscritos aumenta 71 unidades, chegando á cota de 103 deputados.

Se o Parmaneto actual se beneficia dun crédito europeista que provén do Partido popular e sobre todo da Alianza socialdemócrata, minusvalorar os malos fumes do populismo anti-europeo de dereita e -en menor medida- da esquerda maximalista arrisca con revelarse un fatal erro.

Ainda sen desmerecer o bloco da Alianza dos socialistas e demócratas, o éxito electoral da Esquerda Unitaria Europea/Verdes Nórdicos (+10 parlamentarios) parece ter as características dun rendemento coxuntural. Sobre todo, non parece innovar nunha medida tanxíbel a súa mensaxe política, que permanece tradicionalmente solidarista e colectivista.

Unha das poucas novedades nesta área está representada polo español Pablo Iglesias, o líder da formación Podemos, que, con arredor de 1,2 millóns de votos, conseguiu 5 deputados. Confirmando que a política moderna necesita máis habiualmente a figura do líder, Iglesias ponlle cara ás protestas dos indignados de Puerta del Sol que até agora permanecera politicamente latente.

O seu é un mix político entre Beppe Grillo e Matteo Renzi. Iglesias representa unha esquerda anti-casta que busca a renovación, co obxectivo de desquiciar o bipartidismo español. Tamén en Twiter supera os 400 miles de followers, non recibindo unicamente adhesións dos menores de 30 senón tamén de faixas de idade superiores. Docente universitario e comentarista televisivo, Iglesias sabe comunicar e confésase de esquerda defendendo abertamente aos indignados. Pero guárdase ben de deixarse fagocitar pola tradicional esquerda radical de Izquierda Plural, tanto como para non resultar -nen sequer él- inscrito nalgún grupo parlamentario europeo.

A dereita xenófoba e antisemita en cambio é noticia, pero non ten éxito. Os famosos gregos de Alba Dourada, os neonazis alemáns da NPD ou os escandinavos de Sverigedemokraterna representan casos políticos nos seus respectivos países, pero a nivel comunitario non son quen de incidir, expoñéndose ao habitual auto-illamento e á recíproca competición revanchista. Tanto que os notorios húngaros de Jobbik parecen ter comprendido a lección e tentan tomar distancias coas connotacións extremistas na tentativa de ampliar a base electoral.

O Parlamento europeo parece xa hoxe o asteleiro da dereita de mañá. A rudimentaria experiencia do grupo parlamentario de ultradereita “Identity, tradition, sovereignty” medía xa no 2007 as distancias entre a tradicional dereita xenófoba e o empuxe do moderno populismo.

O grupo recollía unha gama de formacións políticas extremistas.

Os frutos desta estretexia recolléronse nas últimas eleccións: desde Jean Marie e Marine Le Pen, á extrema dereita de Romania mare, cos búlgaros de Ataka, até Ashley Mote, deputado independente elexido nas listas do UK Independence party. O experimento durou menos dun ano pero permitiu madurar o punto de inflexión populista anti-europeo sexa da Front national sexa do UKIP. Tomando distancias con respecto ao extremismo racista para mover o epicentro político do partido cara o populismo anti-europeo en clave francesa e británica. Os frutos desta estratexia recolléronse nas últimas eleccións: sexa o Front national sexa o UKIP convertéronse mesmo nos partidos máis votados en Franza e o Reino Unido.

Unha lección que non pasa desapercibida en Italia, como demostran os achegamentos entre a Lega nord e o Front national e os contactos entre UKIP e o Movimento 5 stelle.

Lega nord e Front national teñen en común un populismo nacionalista que combate o rigor de Bruxelas sen profesar a saida da Unión, mirando en cambio para a dereita nos respectivos países. Despois de ter tomado distancias coa liña política paterna, Marine Le Pen non agacha o feito de querer superar pola dereita o UMP. Mentras a Lega nord, despois de ter recuperado consensos nas eleccións europeas, non agacha o propósito de presentarse como un partido nacional, considerados os votos acadados tamén no Mezzogiorno.

Despois da derrota do 25 de maio, Forza Italia observa preocupada.Apoia a proposta dalgúns referendums lexislativos, pero non parece ainda ter a intención de entregar as chaves da dereita (e do imperio económico Mediaset) en via Bellerio. O risco de que o electorado forzista máis moderado non estea ainda disposto a aceptar a idea de eleccións primarias para a escolla dun líder de dereita diferente de Berlusconi.

Con toda probabilidade o M5S comprendeu en cambio que os consensos perdidos a favor do PD dificilmente volverán en breve. Hoxe o seu caladoiro electoral é menos transversal que no pasado recente e fundamentalmente caracterizado como de dereita. Os contactos con UKIP buscan entón desactivar algunhas derivas xenófobas do líder británico para partillar en cambio a capacidade común de escoitar o sentir popular.

Democracia directa e institución do referendum son temas compartidos que tentan desmontar o esquema dereita/esquerda, desafiando o stablishment de Bruxelas co fin de atopar unha beira euroescéptica no estranxeiro para axustar o tiro sobre varios temas: da política enerxética á xenofobia, da troica ao intervencionismo militar, dos bancos ao investimento, pasando polo transporte de alta velocidade, considerada a batalla anti-TAV conducida polo M5S. Mensaxes dirixidas ao electorado no seu conxunto, a diferencia da Lega nord e Front national que falan en cambio só ao “pobo de dereita” e que explican boa parte da actual incompatibilidade política entre Beppe Grillo e Matteo Salvini.

A opción “dentro ou fóra” en referencia á UE parace máis ben un tema para o futuro. Mesmo o referendum para a saída do Reino Unido da Unión Europea, reenviando a Londres ao Commonwealth, está previsto para o 2017. Data na que non está excluido que o movemento de Grillo poida converxer, coa intención de someter Bruxelas ao xuizo dos italianos. Ainda que hoxe abandonar a Unión parece máis que nada “a bomba do fin do mundo” do M5S se Italia se sustrae á cancelación do pacto fiscal.

As dinámicas descritas expresan o anti-europeismo en dúas visións populistas diferentes e representan unha referencia para outras formacións políticas europeas menores, que non atopan ainda unha colocación precisa para elas ou que se senten marxinais nos actuais grupos parlamentarios.

A particularidade italiana está no feito de que o noso país resume as dúas visións da dereita política. De feito, o populismo nacionalista francés eurocrítico casa mal (por agora) co neoliberalismo impulsivo e illacionista de marca británica. O que arrisca con traducirse nunha batalla interna na dereita italiana con Lega nord e Forza Italia dunha banda e o Movimento 5 Stelle da outra.

Radicalizando o enfrentamento e facéndolle involuntariamente o xogo á política centrista do Partito democratico.

Publicado en LIMES-revista italiana de xeopolítica (http://temi.repubblica.it/limes/) o 11/06/2014. Traducido ao galego por Administrador.