La ricetta della veritá.

Esta receta non é especificamente italiana, ainda que nada impide executala en Italia, pois naquel pais tamén se dan as condicións e existen os ingredientes para preparala.

Ben … imos meter as mans na masa.

Para preparar esta receta, necesitamos -como ingredientes-:

1.- Un ordenador, calquer que sexa

2.- Acceso a Internet.

Qué pretendemos? Ter un método (simple) para obter unha razonábel certeza da autenticidade dunha foto e da corrección da lenda ou titular, de modo que detectemos manipulacións.

Vexamos … modo de preparación:

A) Facemos click en cima da foto.

B) Copiámola no desktop.

C) Despois facemos unha busca en google, seleccionando a opción “imaxes”.

D) Desde alí, cargades a foto en cuestión.

E) Pulsamos “enviar”.

F) Atoparemos as imaxes, podendo ver cando, onde e quen a publicou, percibindo de que se trata realmente e cal é o contexto.

Penso que vale a pena este pequeno traballo. É unha cuestión que, finalmente ten que ver coa ética e o respeto pola verdade. Por posuir estes valores non pagan nen dan medallas, pero sempre haberá quen teña o pracer de praticalos.