Mapa simbólico-xeográfico da Italia irredenta.

Mapa histórico a cargo de Edoardo Boria.

“Aquela do heroi anónimo é unha figura ben diferente da do heroi famoso ou do líder, protagonistas da comunicación politica até daquela.

Nestes o simples cidadán non pode identificarse, tanto máis porque a súa estracción social é frecuentemente inferior. O heroi anónimo demostra en cambio que calquera pode acceder á gloria eterna: basta un simples xesto [...]

Diferente é o discurso referente aos nobles pais da patria, como poetas e artistas: estes personaxes son evocados para infundir o orgullo de pertencer a unha nación culturalmente avanzada.

Os sacrificios pedidos aos cidadáns, daquela, non serven só para defender un territorio, senón unha cultura enteira, que o enimigo pretende aniquilar. Outros temas bos para a propaganda italiana son os dereitos históricos e naturais sobre as terras irredentas e a denuncia da arrogancia do militarismo ausbúrguico”.

Este mapa mostra o exército que marcha cara os territorios por reconquistar. Arriba e á esquerda Guglielmo Oberdan, á dereita outras figuras históricas, desde Giuseppe Garibaldi ao conte de Cavour; ao lado deles o Rei de Italia, Vittorio Emanuele III de Savoia.

Abaixo pode lerse a dedicatoria a Vittorio Italico Zupelli, istriano, ministro da Guerra no 1914.

Mapa e citacíón traidas de “Vendere la guerra”,

Publicado en LIMES- revista italiana de xeopolítica (http://temi.repubblica.it/limes/) o 21/05/2014. Traducido ao galego por Administrador.