O mosaico do Caucaso.

Mapa de Laura Canali

O mapa permite captar a complexidade e a intensidade dos diferenciais de identidade étnica, lingüística e relixiosa da poboación da área do Cáucaso.

Se o interese estratéxico da rexión lle é imputado á súa ubicación xeográfica e ao rol clave no ámbito da política enerxética, a inestabilidade referíbel a ela está certamente conectada, ademais de ao rol das potencias próximas e lonxanas, ao factor étnico.

O Caucaso non contribúe só a determinar a xeopolítica pan-rusa. É tamén o prisma a través do cal Moscova escruta o Medio Oriente islámico e ao mesmo tempo é percibida. Na guerra civil musulmana que está sacudindo dar al-islam entre O Norte de África, Levante e Asia central, evidénciase a antiga vocación caucasiana de facer de posto de fonteira entre o Veciño Oriente Islámico e a Eurasia cristiá. Sobre as montañas do Gran Cáucaso é frenada no Século VIII a primeira oleada da conquista árabe, despois de ter islamizado boa parte da Subcaucasia (Caucaso meridional, Transcaucasia para os rusos).

Na perspectiva imperial, o Cáucaso arríscase a mudar de Oriente interno a cabeza de ponte daquel Oriente externo que vé de penetrar Rusia para integrala no universo maometano. Por isto Moscova considera os musulmáns caucasianos que se sustraen ao control do “clero” moderado ou a soldo do Cremlin como potenciais quintas columnas do enimigo externo, o islam «terrorista» de marca «salafita» (os dous termos son intercambiábeis na propaganda do réxime). Non unha pequena minoría, especialmente entre os xovens exasperados pola depresión económica e polos métodos maís ben despectivos das autoridades militares e da policía contra calquera que lle ule a radicalismo, ainda que só sexa pola forma de vestir ou de peiterase.

A prioridade do Cremlin é impedirlle aos jihadistas internos unirse cos homólogos externos, no mundo árabe e centroasiático, emprendendo o asedio da Rusia cristiana.

Publicado en LIMES-rivista italiana di geopolitica (http://temi.repubblica.it/limes/) o 10/02/2014. Traducido ao galego por Administrador.